Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Prevención de riscos laborais nos obradoiros de instrumentos musicais
Neste episodio exploramos un tema esencial, aínda que pouco tratado nos obradoiros de instrumentos musicais: a prevención de riscos laborais. Falamos do impacto que teñen materiais, procesos, espazos de traballo e hábitos profesionais na saúde das persoas que constrúen, manteñen e reparan instrumentos musicais. Para iso contamos con dúas voces complementarias: A lutier asturiana Elena Llanes, que en 2012 realizou o seu traballo de fin de máster de riscos laborais sobre o obradoiro de construción de gaitas de Patricia Cela, introduce os riscos reais como o po de madeira, os fungos, as vibracións ou o ruído. E, por outra banda, Sergio Meyer Escoboza, docente e técnico de formación e emprego da Escola Albayzín, Centro de Referencia Nacional en Artesanía, que explica como se está a incorporar a prevención de riscos na formación regrada das futuras xeracións de lutieres e profesionais da artesanía. Dirección: Beatriz Fontán. Produción executiva e comisariado: Samuel Diz. Produción de son: Samuel Diz. Deseño gráfico: Beatriz Fontán. Revisión lingüística: Olga Nogueira. Interveñen: Elena Llanes e Sergio Meyer Escoboza Música: "Cuarteto modal”, da compositora María Teresa Prieto, interpretada polo Moser String Quartet en Música no Claustro 2024. Fotografía de portada: Obradoiro Cella Fine Violins. Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.

