Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Guitarra, son de madeira galega (I)
Neste episodio achegámonos a Guitarra, son de madeira galega, un proxecto patrocinado pola Axencia Galega da Industria Forestal-XERA que impulsa o deseño e construción dunha guitarra profesional de concerto a partir dunha investigación sobre as madeiras galegas e as súas posibilidades. Da man dos lutieres Jose Catoira e Pablo Sánchez Otero, integrantes de Laboratorio de Cordas, coñecemos os primeiros pasos deste proceso: a selección das madeiras, o estudo das súas propiedades acústicas, mecánicas e estéticas, e a súa adecuación ás distintas necesidades de cada parte do instrumento. Un traballo no que o coñecemento artesanal dialoga coa investigación e coa experiencia musical do concertista de guitarra Samuel Diz. Un proxecto que integra investigación, lutería, música, artesanía, documentación audiovisual e mediación cultural para facer un percorrido desde a orixe da madeira ata a súa transformación nun instrumento musical. Dirección: Beatriz Fontán Produción executiva e comisariado: Samuel Diz Guión, produción e locución: Beatriz Fontán Produción de son e deseño gráfico: Beatriz Fontán Interveñen: Pablo Sánchez Otero, Jose Catoira e Alfredo Fernández Ríos
Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.

