Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Música e son na experiencia dos viaxeiros británicos en Galicia. Eva Moreda
A musicóloga galega Eva Moreda, especialista na historia musical da España contemporánea, toma o artigo “Music in Spanish Galicia” (1924), do británico John Brande Trend, como detonante para abrir unha nova liña de investigación dedicada á música e ao son na experiencia dos viaxeiros británicos en Galicia. A súa participación conta co apoio do Glasgow Knowledge Exchange Fund da Universidade de Glasgow, institución da que é catedrática de musicoloxía. Moreda explora como, antes de Trend, diversos viaxeiros británicos visitaron Galicia a comezos do século XX e deixaron nas súas guías e memorias nu-merosas referencias á música e aos sons que escoitaron: gaitas, pandeiretas, procesións, música relixiosa ou cancións populares. A través destas testemuñas - de Annette Meakin, Walter Wood, Catherine Hartley ou Aubrey Bell - reconstrúe a paisaxe sonora histórica desa época e analiza como contribuíron a crear un imaxinario británico sobre Galicia, ás veces idealizado, pero sempre revelador. Dirección: Beatriz Fontán. Produción executiva e comisariado: Samuel Diz. Produción de son: Isaac Palacín. Deseño gráfico: Beatriz Fontán. Revisión lingüística: Olga Nogueira. Intervén: Eva Moreda. Música: Música: "Romance de don Gaiferos" Romance de cego arranxado por Pedro Lamas, e interpretado por Germán Díaz, Antonio Romero Cienfuegos e o propio Lamas no Festival Música no Claustro 2024 Fotografía de portada: Nikolai Zelmjannikov Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.

