Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Museu de la música de Barcelona
Os museos de música son espazos onde o patrimonio material dialoga co son, coa memoria e coa práctica viva. Neste episodio achegámonos ao Museu de la Música de Barcelona para coñecer como se constrúe, se conserva e se activa unha colección de instrumentos musicais nun museo especializado, en paralelo á preservación de acervos persoais de nomes propios da música catalá. Conversamos con Marisa Ruiz Magaldi, xefa de coleccións e documentación desde 2015, sobre a historia e a estrutura da institución, os criterios de adquisición e exposición, o papel das reservas e os retos da conservación preventiva. Falamos tamén dos protocolos que determinan cando un instrumento pode soar e cando debe permanecer en silencio, así como das vías de acceso á investigación do acervo do museo. Dirección: Beatriz Fontán Produción executiva e comisariado: Samuel Diz Deseño gráfico: Beatriz Fontán Revisión lingüística: Olga Nogueira Intervén: Marisa Ruiz Magaldi Música: "So de pastera”, do compositor Baltasar Samper (Mallorca, 1888- México, 1966), interpretada por Javier Riba e Samuel Diz en "Memoria de la melancolía" (Poliédrica, 2020). Fotografía de portada: ©Beatriz Fontán Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.

