Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Women in lutherie. Unha comunidade para as mulleres na lutería
A lutería é un oficio no que a presenza das mulleres segue a ser minoritaria, pero nos últimos anos estase a producir un cambio progresivo e significativo. Neste episodio de Resonancias falamos de xénero, memoria e futuro a través de Women in Lutherie, unha comunidade internacional que traballa para visibilizar o papel das mulleres na construción, investigación e conservación de instrumentos musicais. Conversamos con Ruth Obermayer, lutier alemá afincada en Granada e Community Facilitator desta comunidade, sobre a orixe do proxecto, os desafíos actuais do sector, a relación coas novas xeracións e a necesidade de crear espazos seguros e redes de apoio. Un episodio para entender un movemento silencioso que está a resignificar o oficio desde dentro e a construír un horizonte máis xusto, diverso e compartido para as mulleres na lutería. Dirección: Beatriz Fontán Produción executiva e comisariado: Samuel Diz Produción de son: Isaac Palacín Deseño gráfico: Beatriz Fontán Revisión lingüística: Olga Nogueira Intervén: Ruth Obermayer Música: "Dona Alvela" interpretada por Faia e Bleuenn Le Freic no Festival Música no Claustro 2024. Fotografía de portada: Ruth Obermayer por © Adrián Ortiz Arandes Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.

