Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

O cuatro, un instrumento portorriqueño, construído con castiñeiro galego. Ricardo Ramos e Pablo Hernández Mejías
Ricardo Ramos naceu en Bayamón, municipio de Porto Rico, illa caribeña cunha identidade musical propia marcada polo son do cuatro: un instrumento de corda pulsada que constrúe actualmente no seu obradoiro situado en Sarria (Lugo). O seu traballo combina o respecto á tradición boricua coas innovacións adquiridas na súa formación en Granada e La Herradura, achegando novas técnicas de construción. Como mostra deste diálogo, Ricardo Ramos presenta un cuatro construído con madeira galega de castiñeiro. Escoitamos a sonoridade deste instrumento grazas ao músico Pablo Hernández Mejías, que interpreta danzas, mazurcas e aguinaldos de Porto Rico en mestura con ecos da música europea, revelando a versatilidade e a forza expresiva deste instrumento da cultura popular portorriqueña Dirección: Beatriz Fontán Produción executiva e comisariado: Samuel Diz Produción de son: Isaac Palacín. Deseño gráfico: Beatriz Fontán. Revisión lingüística: Olga Nogueira. Interveñen: Ricardo Ramos e Pablo Herández Mejías Fotografía da portada cedida por Artesanía de Galicia Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.

