Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Un violonchelo con madeiras do rural galego. Adrian M. Pereiro e ensaia.
Adrián M. Pereiro é un lutier galego formado na Escola de Artes e Oficios de Vigo e na Escola Vasca de Luthería de Bilbao (BELE). En 2023 desenvolveu o proxecto “Un chelo, catro historias”: un violonchelo construído con madeiras procedentes das catro provincias galegas. Cada madeira achega unha historia vencellada á cultura, á artesanía ou á recuperación do patrimonio no ámbito rural. Detrás deste proxecto está ensaia., unha comunidade de financiamento colectivo que impulsa a creatividade, a innovación e o talento en Galicia. Cada ano, persoas de todo o mundo colaboran de forma voluntaria e anónima para facer posible a súa bolsa anual, destinada a apoiar traxectorias con impacto positivo no país. Artesanía, deseño, música, xestión cultural ou emprendemento rural son algunhas das disciplinas beneficiadas por este modelo. Dirección: Beatriz Fontán Produción executiva e comisariado: Samuel Diz Produción de son: Isaac Palacín. Deseño gráfico: Beatriz Fontán. Revisión lingüística: Olga Nogueira. Interveñen: Adrián Martínez Pereiro e a Comunidade ensaia. Fotografía da portada: Música no Claustro. Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.

