Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Pablo Carpintero e Rosa Sánchez: as gaitas de fol na provincia de Pontevedra.
O contido deste PODCAST ten a súa orixe na conferencia realizada por Pablo Carpintero e Rosa Sánchez sobre as súas investigacións das gaitas de fol na provincia de Pontevedra, no marco Foro profesional de instrumentos musicais RESONANCIAS convocado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia e o festival Música no Claustro o 6 de agosto de 2024, na Catedral de Tui. Trátase dunha aproximación aos diferentes tipos de gaitas de fol documentados na provincia de Pontevedra. Un patrimonio musical que non só sorprende pola súa diversidade, senón tamén pola súa antigüidade. Ao longo deste episodio, o músico, artesán e investigador Pablo Carpintero, acompañado na interpretación musical por Rosa Sánchez, amósanos a sonoridade destes instrumentos seculares e compartirán unha hipótese arredor da propia invención da gaita de fol. Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.

