Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Intérpretes e lutería. Unha convesa entre Raquel Areal e María Casado
Neste episodio achegámonos ao diálogo entre construción, interpretación e repertorio a través dunha conversa entre a violinista galega Raquel Areal, integrante da Filharmónica de Berlín, e a xestora cultural e violinista María Casado, coordinadora do programa MUSAE (Música en los Museos Estatales) do Ministerio de Cultura. Xuntas reflexionan sobre o acceso aos instrumentos, a importancia da honestidade na relación coas persoas lutieres, as carencias formativas na lutería dentro dos conservatorios e a necesidade de fortalecer a conexión entre profesionais da interpretación e da construción. Dirección: Beatriz Fontán Produción executiva e comisariado: Samuel Diz Produción de son: Isaac Palacín. Deseño gráfico: Beatriz Fontán. Revisión lingüística: Olga Nogueira. Interveñen: Raquel Areal e María Casado. Música: "Nocturne”, da compositora Lili Boulanger interpretada pola propia Raquel Areal xunto á pianista Karla Martínez Rabanal en Música no Claustro 2025. Fotografía de portada: Música no Claustro. Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.

