Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais

Identidades: arte, artesanía e autoría. Porta da Pía Artesanía, Noroeste Obradoiro e Aitor.
Neste episodio presentamos un debate sobre as fronteiras líquidas entre arte, artesanía e autoría. Conversamos con Susana Cabo Buján propietaria da tenda de artesanía Porta da Pía, José Castro xoieira de Noroeste Obradoiro e Aitor Martínez artesán en madeira, tres voces que representan diferentes xeitos de entender a creación contemporánea. Un diálogo sobre identidades, marcas comerciais e persoais, valores compartidos e soños de futuro para a artesanía galega. Dirección: Beatriz Fontán Produción executiva e comisariado: Samuel Diz Produción de son: Isaac Palacín. Deseño gráfico: Beatriz Fontán. Revisión lingüística: Olga Nogueira. Interveñen: Susana Cabo Buján, José Castro e Aitor Martínez. Música: "Adagio para corno inglés”, do compositor Fernando Buide del Real (Santiago de Compostela, 1980), Iria Folgado "Ecos de Breogán" (Poliédrica, 2023). Fotografía de portada: Música no Claustro. Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.

