Skip to content
PodSubs
ShowsPeopleGuestsJobsNewsEvents
More
BlogPodCred
Menu
ShowsPeopleGuestsJobsNewsEventsBlogPodCredNetworksSign in
Join nowSign in
  • Shows
  • People
  • Jobs
  • News
  • More
    • Guests
    • Events
    • Blog
    • PodCred
    • Networks
    Join nowSign in

Conxecturas

Conxecturas artwork

144. Espellos

Oct 23, 20261 minAudio
ShareXLinkedInFacebookWhatsAppEmail

Nas tendas de roupa utilízase unha combinación de física sinxela, colocación estratéxica e deseño de iluminación para que a figura se vexa máis estilizada e a roupa resulte máis atractiva: A inclinación do espello é o truco máis común. Cando o espello non está totalmente pegado á parede en vertical, senón lixeiramente inclinado coa parte superior cara a atrás ou apoiado no chan, créase unha perspectiva que alarga visualmente as pernas e fainos parecer máis altos e esveltos, de forma semellante a cando se saca unha foto desde un ángulo lixeiramente baixo. Nalgúns casos, os espellos teñen unha sutil curvatura cóncava no eixo vertical ou convexa no horizontal, case imperceptible a simple vista, pero suficiente para comprimir lixeiramente a silueta a nivel horizontal ou alongala en vertical. A iluminación dos probadores xoga un papel aínda máis decisivo ca o propio espello. Es de quen se preocupa do que lle mostra o espello? Venres, 23 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Teño que cambiar os espellos da miña casa. Non funcionan ben, en especial o do baño. Viña coa vivenda e nunca me preocupei. Será cuestión do vidro, que estará algo curvado. Mais fai a figura máis achatada. Xa me fixara nas tendas de roupa. Alí víaseme ben. Unha visita á ducha do meu ximnasio corrobourono. En fronte da ducha hai un espello de corpo enteiro, e, teño que comentalo, cun pouco de rubor, que o meu corpo vese ben estilizado, case como o Apoxiomenos de Lisipo. Vese que o traballo no ximnasio está a dar os resultados e non podo permitir que a mala calidade do mobiliario da miña casa pertube ou afecta a miña autoestima. Non sei se che pasa o mesmo. Vou preguntar no ximnasio a marca de espello. Hai que ir polo seguro.

Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.

Transcript

From the show. Tap a time to play from there.

É de quen se preocupa do que lle mostro espello? Vendres, 23 de outubro, son José Antonio e isto é con seturas. Teño que cambiar os espellos da miña casa. Non funcionan ben, en especial o do baño. Viña coa vivenda e nunca me preocupei. Será cuestión do vidro, que estará algo curvado. Mas foi a figura máis achatada. Xa me fixarán as tendas de roupa. Ali víame ben. Unha visita a ducha do meu sinaxo corrobora uno

En fronte da ducha hai un espello de corpo enteiro e teño que comentalo cun pouco de rubor que o meu corpo ve se estilizado case como a poxon menos del isipo Vese que o traballo no sinaxo está a dar os resultados e non podo permitir que a mala calidade do mobiliario da miña casa perturbe ou afecte a miña autoestima Non sei se exe pasará o mesmo Vou preguntarnos sinaxo a marca do espello hai que ir por o seguro

Open the transcript file

Hosts and Guests

Nobody is credited on this episode yet.

Credit the people on this episode

Be the first to rate this episode

More episodes

All episodes
  1. 156. Tradición e modernidade

    Nov 17, 20261 minAudio

    Este é o episodio 157 do podcast Conxecturas de @joseantonio, publicado o 17 de novembro de 2026. Podes deixar comentarios de texto e audio neste enlace. Es de quen reza cando viaxa en avión? Martes, 17 de novembro. Son...

    Credit the people on this episode

  2. 155. Slow Horses. A recomendación deste finde.

    Nov 14, 20261 minAudio

    https://www.imdb.com/title/tt5875444/ Es de quen escapas da programación televisiva e aínda máis en período electoral? Sábado, 14 de novembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Veño compartir unha serie. Slow...

    Credit the people on this episode

  3. 154. Sesgos, falacias e outras herbas

    Nov 12, 20261 minAudio

    Este é o episodio 155 do podcast Conxecturas de @joseantonio, publicado o 12 de novembro de 2026. Podes deixar comentarios de texto e audio neste enlace. Es de quen cres que non tes sesgos? Xoves, 12 de novembro. Son...

    Credit the people on this episode

  4. 153. Coñeces o ranking dos peores podcasts 2027?

    Nov 9, 20261 minAudio

    Queres escoitar un gran podcast sobre a actualidade? Queres entender que está detrás dun titular ou dun hastag? Trending, un podcast de Emilcar FM. Presentado por Javier Soler, acompañado por Nagore Cadierno, Pedro...

    Credit the people on this episode

  5. 152. Follow presto friday. @torrellamiuda e @xoanalonso. Desembarco choqueiro

    Nov 6, 20261 minAudio

    https://prestocast.com/torrellamiuda https://prestocast.com/xoanalonso Es de quen te encanta engadir novos prestos á túa listaxe de seguindo? Venres, 6 de novembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Desembarco...

    Credit the people on this episode