
155. Slow Horses. A recomendación deste finde.
https://www.imdb.com/title/tt5875444/ Es de quen escapas da programación televisiva e aínda máis en período electoral? Sábado, 14 de novembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Veño compartir unha serie. Slow Horses, para min a mellor serie de espías dos últimos anos. Seguro que ti estarás pensando noutra, mais para min é esta. Por que me parece tan boa? A premisa, tan orixinal, dese grupo de espías de segunda, cada un coas súas particularidades. Polo elenco de actrices e actores, comezando por Gary Oldman. As novas incorporacións ao longo das 6 tempadas non decepcionan. E polo guion. Paréceme difícil manter o interese 6 tempadas, e o consiguen. Aínda que nesta última semella que un guionista de Xogo de Tronos participara na creación da trama, porque a violencia e os xiros argumentais sorprenden. Tes sorte se aínda non a viches. Vaite gustar.
Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.
