
149. Unha barca, un erro no centro da vila
Este é o episodio 150 do podcast Conxecturas de @joseantonio, publicado o 3 de novembro de 2026. Podes deixar comentarios de texto e audio neste enlace. Es de quen se enfada e berra á xente cando ti cometes un erro? Martes, 3 de novembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Dous prestocasters camiño do traballo a piques de seren atropelados por unha barca. No centro da vila! O enganche dun remolque soltouse (ou rachou) e con barca incluída, saiu proxectado enriba dunha beirrarúa. Sen danos. Un forte ruído e unha voz que me dicía: "Corre!", que é o que fixen. Unha barca sobre unha beirrarúa e un condutor que sae do coche. O meu compañeiro ofrécelle axuda mentres unha señora dille algo como "hai que ter coidado!". E en vez de desculpas, ou un simple silencio, diríxese cara a ela berrándolle: "Tampouco é para tanto! Máis grave é o de Adamuz". E nós, reiniciamos o camiño. Para o que puido ser non foi nada, mais aínda continúo a pensar nesa reacción tan, non sei.
Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.
