
147. Por tantos
Este é o episodio 148 do podcast Conxecturas de @joseantonio, publicado o 29 de outubro de 2026. Podes deixar comentarios de texto e audio neste enlace. Es de quen non entendes ás veces o que te están a vender? Xoves, 29 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Mirei unha pantalla que proxetaba un reloxio e, de súpeto, apareceu un banner publicitario que me dicía: "Dios está contigo". Unha chamada da divindade. A Biblia está chea delas: voces que veñen do ceo, visións nocturnas, persoas interpostas, anxos, mesmo unha silva ardendo. Agora marketing online. E pa que? Migra, guia o meu pobo, libérao da escravitude, acolle o meu fillo, proclama a Boa Nova, motivos ben variados, mais no fondo o mesmo. E agora? Marca unha cruz no IRPF. Por tantos. Moito mudou o conto. Dedicaríalle un presto se a publidade da Conferencia Episcopal puxese: "Acolle un emigrante", "Non especules coa vivenda" ou"Sanidade e educación de calidade para todas as persoas"?
Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.
