
145. Fenómeno fan.
Hai prestos que aparecen nas sobremesas das comidas. Dedicado a Gore. Es de quen cre que Jorge Drexler é o Justin Bieber dun público de mediana idade orientado á esquerda? Martes, 27 de outubro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Hai moito fan. Persoas que siguen a persoas, equipos, grupos, que se implican con elas máis alá do que parecía normal (é dicir, habitual, do que fan noutros ámbitos da súa vida). Hai quen fai km para acompañar a un equipo de fútbol a un partido irrelevante a golpe da metade da semana laboral. Hai que paga case o salario mínimo interprofesional por ver unha actuación "única". Hai quen é quen de pasar-perder un día á cola á espera da entrada a un espectáculo "irrepetible". O fenómeno fan xa ten os seus anos (quen non viu imaxes dos Beatles en branco e negro). Non distingue xa de idades, credos e orientacións políticas. Non hai mellores nin peores. Hai fans. E tamén drexliebers.
Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.
