
157. Contradicións. Humilitas
Este é o episodio 158 do podcast Conxecturas de @joseantonio, publicado o 23 de novembro de 2026. Podes deixar comentarios de texto e audio neste enlace. Es de quen sobrevives nas contradicións ou tes as ideas e os feitos ben claros? Luns, 23 de novembro. Son José Antonio, e isto é Conxecturas. Contaba Lutero, Martiño, si, o monxe co que se iniciou o protestantismo, que na súa visita a Roma corría por todos os templos e as catacumbas e cría cada odiosa mentira que alí se inventaba. Roma, o Vaticano, é tan grande, tan exhuberante, que as contradicións entre o ideal que din defender e o que alí se ve son máis que evidentes. Se pensades no ideal de pobreza franciscana, o último no que pensariades é nunha xoiería. Pois, si. "Humilis, Made in Assisi", en plena vía que nos leva á Praza de San Pedro. Pobreza franciscana e xoiería. Contradicións, aínda que haberá quen fale de incongruencias. Como Conxecturas e Contradicións, que comparten até a vogal de inicio. Fica moito camiño até chegar ao V, diso que chaman vida.
Audio and video play straight from the show's own hosting. PodSubs stores and serves no media.
